liga italiana

fútbol é un deporte por equipos, o máis popular do mundo, tanto respecto ao número de espectadores como ó número de participantes activos. O organismo reitor do fútbol é a Fédération Internationale de Football Association (FIFA). Millóns de persoas xogan en clubs de afeccionados ou van acotío ó estadio para apoiaren o seu equipo favorito. Os países de Europa, África e Sudamérica son os que dominan o xogo a nivel internacional.

A FIFA é o organismo encargado de organiza-lo fútbol a nivel mundial, e para facilitar ese traballo, creou diversas organizacións continentais. Así, temos en Europa á UEFA; en África á CAF; en América do Norte, Central e Caribe, CONCAF (antes CONCACAF); e en Sudamérica á CONMEBOL.

Verbo das competicións a nivel mundial, o torneo máis relevante é o Copa do Mundo, polo que a seleccións nacionais se refire. En canto a clubs, pódese seguir considerando como torneo máis importante a Copa Intercontinental, que enfronta o campión de Europa e o campión de Sudamérica. Porén, a creación do Campionato do Mundo de Clubs da FIFA, o Mundialito, faría que se puidese considerar como o máis importante, xa que participan os mellores equipos de cada federación continental. No entanto, só se disputou unha edición e a segunda tivo que ser suspendida, polo que a súa consolidación está lonxe de realizarse.